No IES Espiñeira traballamos pola igualdade. Durante todo o curso, a través do Plan Proxecta «Por 365 días de respecto e igualdade» e da Comisión de Igualdade, realizamos unha serie de actividades orientadas a indagar as causas da violencia de xénero. Analizamos as consecuencias máis visibles das desigualdade entre homes e mulleres e os comportamentos aprendidos ao longo do proceso de socialización diferencial. Para contextualizalo, visibilizamos o papel das mulleres no transcorrer da historia e na actualidade.

 En definitiva, encamiñámonos cara o logro da igualdade. 

Visítanos a Asociación Arelas

Recibimos a visita de Arelas. Asociación de familias de menores trans (http://asociacionarelas.org/), que levou a cabo unha charla formativa para alumnado e profesorado, achegándonos a esta realidade e sobre todo, tratar de concienciar e loitar contra a LGBTIQ+fobi.

O noso centro SÚMASE!!!! e ti?

Día contra a Violencia de Xénero. 25N

Hoxe o IES Espineira lanzouse á rúa nun acto simbólico de rexeitamento á violencia de xénero. O noso alumnado percorreu varios kilómetros pola vila de Boiro nunha andaina organizada pola ANPA para chegar finalmente ao Concello onde se leu un manifesto e a Comisión de Igualdade do noso centro fixo unha performance con todos el@s. Aquí moitos puideron poñer nome a esta actividade e tomar conciencia dos obxectivos da mesma. O drama das vítimas da violencia de xénero é algo que el@s deben coñecer e tod@s debemos facer desaparecer. A educación é o camiño para o futuro e con actividades coma esta alimentamos a sensibilidade dos nosos rapaces e rapazas para amosarlles que nel@s mesm@s se atopa a posibilidade dun mundo mellor. Moitísimas grazas ás organizadoras da ANPA por dármonos a posibilidade de participar nunha actividade coma esta e tamén pola súa excelente coordinación e previsión. Grazas tamén á Comisión de Igualdade por complementar a andaina co seu proxecto. Grazas ao Concello, ás forzas de seguridade e ás entidades que colaboraron para facilitármonos a celebración deste acto. Pero sobre todo grazas aos nosos alumnos e alumnas, por tomar conciencia, por ser solidari@s e unirse a este acto para rexeitar a violencia.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2019/11/26/luto-victimas-violencia-sexista/0003_201911B26C2991.htm?fbclid=IwAR2C-4OYKgCaL3m58CBifm1hcOTQLoiZ1S0TKf_YgW0ZATtNPxri4Wn1bKM

O noso recuncho

Creamos un recuncho no hall do centro no cal se atopa un “termómetro da violencia de xénero” onde cada vez que hai unha vítima de violencia, súmase un disco de cor lila. Tamén podemos atopar unha porta violeta na que se recollen estatísticas sobre mulleres asasinadas e necrolóxicas. E por último, un buzón, onde o alumnado pode depositar nel calquera comentario, suxestión ou situación de violencia que sufrira ou observara.

Visita de Teresa Moure

O alumnado de 2º BAC tivo a fortuna de recibir a visita de Teresa Moure, prestixiosa escritora, doutora en Lingüística e gañadora de importantes premios, que conta no seu facer con innumerables obras que trascenden a nosa xeografía.Os roles e estereotipos de xénero foron a temática escollida para o desenvolvemento dunha charla/obradoiro na que Teresa, de xeito acertadamente sinxelo, conectou cos rapaces e rapazas para evidenciar a presenza e influenza dos roles e estereotipos de xénero no seu día a día, na nosa cultura e na sociedade.O resultado da experiencia francamente satisfactorio, segundo o testemuño de todos os presentes. A invitación á reflexión, aí queda, despois dunha xornada que de seguro remexeu un pouquichiño os pareceres do noso alumnado.Moitas grazas á Comisión de Igualdade do IES Espiñeira, pola organización desta actividade tan enriquecedora e por suposto, moitas grazas a Teresa Moure por compartir con nós o seu traballo neste campo!.

Homenaxe a Concepción Arenal

Un par de rúas abaixo na avenida da historia, un 31 de xaneiro nacían a convicción, a perseveranza e a fortaleza tomando a forma dunha nena. A muller na que logo se convertería significa actualmente un referente na loita pola igualdade. As restricións impostas ao sexo feminino da súa época non mermaron o seu afán por formarse e progresar, véndose na obriga de asistir ás súas clases na universidade baixo a identidade e a apariencia dun home, pois como muller se lle negaban este e tantos outros dereitos.Por sorte non foi suficiente o veto ante a arroiadora personalidade desta e outras que loitaron por xerminar a semente do que hoxe moitas somos.Un par de rúas abaixo na avenida da historia, un 31 de xaneiro nacía Concepción Arenal.Homenaxe das profesoras á figura desta destacada feminista do noso pasado galego. Organiza a Comisión de Igualdade do IES Espiñeira.

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Como non podía ser doutro xeito, os departamentos de Ciencias homenaxearon ás mulleres que deixaron unha pegada na historia da ciencia para demostrármonos, unha vez máis, que o seu intelecto, esforzo e amor polo saber son as cores ocultas nas sombras do coñecemento e que este último moitas veces leva un selo feminino. Grazas a estas actividades o noso alumnado de ESO e BAC puido investigar a súa biografía e os detalles do seu percorrido polas distintas disciplinas científicas: «Exposición de mulleres na ciencia», «Proxección da película Figuras ocultas» e «Mulleres de ciencia galegas», foron tres achegamentos para enriquecer o noso saber de hoxe.

Entroido e igualdade en Espiñeira

No entroido, o Departamento de Historia quixo reivindicar o papel das sufraxistas, valorando e difundindo a loita das mulleres na conquista dos seus dereitos sociais e políticos.

8M. Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo, día Internacional da Muller, estivo cheo de actividades.

Repartíronse pulseiras co nome do instituto e no que se facía referencia ao día da muller. Ademais, tamén se entregaron pulseiras de cor violeta na que o alumnado podía escribir un lema.

O pasado nove de marzo o alumnado de 1º BAC do IES Espiñeira representaba no salón de actos “Historia de Pepa e Pepe”, unha peza teatral sobre a violencia de xénero, organizada pola Comisión de Igualdade.Tratábase, nun inicio, dunha actividade máis entre outras que se fixeron ao abeiro do Plan Proxecta: “365 días sen violencia”. A pesares de que todas teñen verdadeira importancia no marco do noso traballo en torno a este tema, a obra de teatro calou fondo no sentir dxs que a interpretaron e dxs que a ela asistimos como espectadorxs.Tal vez pola súa potente carga simbólica, pois dun xeito moi escueto pero desgarradoramente claro, fíxonos comprender a simpleza coa que o maltarto se mimetiza nas palabras e nos actos máis cotiáns e aparentemente inofensivos.O obxectivo cumplido desta obra, a aproximación do noso alumnado á violencia de xénero nos primeiros estadios, nos que a normalidade é a porta, a transixencia a soleira e a resignación a pechadura. E tras a porta unha escaleira… A violencia é moito máis que un golpe, moito máis que unha agresión física, a violencia son todos aqueles chanzos polos que ascendemos de maneira inconsciente cara á nosa desgraza.Unha xornada grande para conmemorar o Día da Muller, lembrando que a sutileza no engano e o cariño no maltrato son excelentes ferramentas para asasinos e cobardes. O seu refuxo, a excusa. A súa excusa, o amor…Atentas aos indicios, porque a violencia de xénero, bota raíces xa antes de xerminar…Parabéns, rapazas, rapaces e profes por esta didáctica obra!.

Unha vez que rematou a obra, a escaleira de Pepa e Pepe foi trasladada á entrada do centro, para que non se nos esqueza que a violencia é moito máis ca un golpe.

Charla sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais.

O alumando de 2º ESO estivo moi atento a unha interesante charla sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais.

31 Marzo. Día internacional da visibilidade trans

Semana Fauna

Durante a Semana Fauna tamén tivo cabida a reivindicación da igualdade

https://sites.google.com/view/semanafauna2020/obradoiro/traballos-do-alumnado?authuser=0

“Nunca dubides que un pequeno grupo de cidadáns pensantes e comprometidos poida cambiar o mundo. De feito, son os únicos que algunha vez o logrou”

Margaret Mead

Dendo o IES Espiñeria tamén queremos aportar o noso gran de area. Por iso, dende cada materia, durante todo este curso, estivemos traballando arreo para conseguilo. Aquí tedes os froitos…esperamos que vos guste!!!

Departamento de Electrónica

Dende o Departamento de Electrónica, Sonia realizou unhas activiadades co alumnado de 2º de Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións, no módulo de infraestruturas comúns de telecomunicación para edificios e vivendas, cuxo obxectivo era comprender a necesidade de romper roles e estereotipos de xénero como unha  necesidade para unhas relacións de igualdade entre os sexos. Traballouse a desigualdade de xénero que hai na sociedade entre uns postos de traballo e outros. Un dos resultados foron as fotografías do vídeo promocional do centro.

Departamento de Física e Química

A nosa compañeira Encarna realizou unha actividade dirixida ao alumnado de 4º da ESO, e en particular ao matriculado na materia CAAP. Estudouse as desigualdades sufridas por mulleres científicas ao longo da historia, a súa marxinación, invisibilización e silenciamento.

Departamento de Matemáticas

As profes de mates, Mariana, Bea e Lupe, levaron a cabo unhas actividades ben interesantes. Ademais, xunto co Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química, organizaron o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Mariana, co alumnado de 2ºB da ESO, elaboraron unha enquisa para coñecer os roles da muller na súa contorna, a visibilidade da muller na sociedade e o acoso que sufre por cuestión de xénero.

Anímaste a facer a enquisa? https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSda57tkvFWOKX9KUKDhGPNZpSLjnY9nzHdeiXDOHH0b4Npn9Q/viewform

E Bea, cos alumnos e alumnas de 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e Lupe en 1º BACH, realizaron actividades nas cales se trataba ao papel da muller científica ao longo da historia. En  2º BACH analizáronse os estereotipos de xénero e diversidade.

En 1º de ESO realizaron a lectura en voz alta do libro Hipatia la maestra da Editorial: El rompecabezas. Bótalle un ollo!

Tamén viron o vídeo de Hipatia de Alexandría

Xunto co alumnado de 1º da ESO, os rapaces e rapazas de 2º ESO elaboraron carteis sobre mulleres científicas galegas.

E os rapaces e rapazas de 3º ESO e 1º BACH tiveron a oportunidade de ver a película Figuras Ocultas (2017) dirixida por Theodore Melfi.

En 2º BACH, leváronse a cabo actividades nas que se trataron os estereotipos de xénero e a diversidade. Nos exercicios de probabilidade realízanse a miúdo cálculos en función do xénero, dividindo á poboación en dous grupos disxuntos «Home» e «Muller» como sucesos incompatibles e partición do espazo mostral que representa a totalidade da poboación, considerando o suceso «Ser home» como complementario/contrario do «Ser muller». Para poder ser conscientes das diferentes realidades existentes na sociedade e das limitacións de todos aqueles estudos que fan uso da linguaxe «Home – Muller» como únicas posibilidades de expresión de identidade sexual ou sexo biolóxico, proponse a visualización de vídeos para sensibilizar e empatizar con sectores da poboación que non se senten identificados con esa dualidade de xénero.

Traballouse cos seguintes vídeos:

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Carlos Doval, o noso profe de Bioloxía e Xeoloxía, levou a cabo actividades nos curso de 1º, 3º e 4º da ESO.

En 1º ESO, conxuntamente coa materia de Inglés, os alumnos/as realizaron a partir dunha ficha con distintas profesións (firefighter, doctor, nurse, pilot, teacher, flight assistant) un debuxo de persoas desenvolvendo estas actividades e que lles puxeran un nome. Este foi o resultado. Credes que as profesións que se tomaron como exemplo están preconcibidas como masculinas ou femininas ?

Reflexionar e investigar sobre as diferencias entre sexo, sexualidade e reprodución foi o que fixeron os alumnos e alumnas de 3ºESO e 1º BACH. Non vos perdades as súas interesantes reflexións.

Departamento de Linguas Clásicas

A nosa compañeira Margot, profesora de Latín e Grego, quixo homenaxear ás irmáns Mirabal. Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) organizouse unha actividade co alumnado de 4ºESO e 1ºBACH, na cal se analizaba a figura destas dúas mulleres. Por que se lembra as irmáns Mirabal nesta data? Cal é a razón de que o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coincida coa data do pasamento destas mozas?

As irmáns Mirabal, chamadas as Mariposas

A seguinte actividade está chea de simbolismo, xa que este curso a aula-materia do Departamento de Linguas Clásicas pasou a denominarse “Aula Safo”. A actividade consisitiu no tratamento da figura de Safo.

Departamento de Administración

No Módulo de Recursos Humanos e Responsabilidade Social Corporativa co grupo de 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas, Paula desenvolveu actividades que pretendían analizar a desigualdade salarial e elaboraron unha guía para crear un currículum vitae personalizado baseado nas competencias para o empoderamento.

Paula e os seus alumnos e alumnas tamén se prepararon para o Nadal…

Departamento de Inglés

Alberte, campañeiro de Inglés, traballou co alumnado de 3ºESO o concepto de celos: definición e reflexión sobre a súa pertinencia na sociedade actual. Os obxectivos foron reflexionar sobre vellos conceptos que se dan por asumidos e inmutables como o «amor romántico» e os «celos», e analizar a súa vixencia. Abordouse a definición do concepto de «celos» a partir da canción de John Lennon «Jealous Guy», utilizando o mesmo vocabulario e debatendo sobre se poden ser unha porta aberta à violencia. O resultado, unhas cartolinas ben chulas coas reflexións dos alumnos/as.

Departamento de Artes Plásticas

A profe de plástica, Mónica, soubo convinar dunha maneira moi acertada a Semana Fauna e o Plan Proxecta. As actividades que desenvolveu co alumnado de 4º ESO enmárcanse na Semana Fauna e o Plan Proxecta de Igualdade en conxunto, a través do estudo do Ecofeminismo/Animalismo feminista como movemento social de activismo en resposta á opresión patriarcal e especista, á explotación, á violencia e á discriminación en razón de xénero ou especie. O obxectivo xeral foi traballar a igualdade amosando todas as caras da opresión, e fomentar a empatía cara a todas as vítimas dela.

A frase de Alice Walker «os animais do mundo existen polas súas propias razóns. Non foron feitos para os humanos, do mesmo xeito que os negros non foron feitos para os brancos nin as mulleres para os homes» foi o eixe central deste proxecto no que o alumnado afondou na temática do activismo ecofeminista e reflexionou sobre o concepto de opresión fronte a diferentes tipos de vítimas.

O resultado, comprobádeo vos mesmos…

Departamento de Lingua Galega

Dende a materia de Lingua Galega, Marga, levou a cabo unha serie de activades nos cursos de 1ºESO, 3ºESO, 4ªESO, 1ºBACH e 2ºBACH. En 2ºESO contou coa colaboración do profe de Galego, Pablo. Estas actividades, nas que se trataron temas, a través de lecturas propostas, fixeron reflexionar sobre certos modelos de conduta asentados na sociedade que evidencian unha clara desigualdade de xénero, así mesmo evidenciar a loita polos dereitos da diversidade de xénero. Pretendeuse evidenciar as desigualdades de xénero no traballo, nas oportunidades en distintos aspectos da vida (como os deportes), a violencia de xénero, o sentido do “patriarcado”, o machismo nas parellas, a deconstrución de mitos literarios masculinos en favor dos mitos femininos, a diversidade de xénero.

Non deixes de botarlle un ollo ás lecturas propostas…

Gravouse un booktrailer sobre o libro de lectura escollido. Mirade que fermosura!!! Parabéns a todas e a todos!!!!!

O alumnado de 1ºESO tamén elaborou unha presentación de diapositivas nas cales se evidencia unha desigualdade.

Departamento de Educación Física

Manolo Pimentel, o profe de Educación Física, puxo a traballar ao alumnado de 4º da ESO, practicando nós llanos para poder colocar unha pulseira coa bandeira LGBTIQ+.

Tamén realizaron máscaras cubre bocas para o 8M para o Día Internacional da Muller. Ademais dun vídeo que podedes ver aquí.

Departamento de Ecomomía

No curso de  2º C.M. Xestión Administrativa, Paloma levou a cabo unha actividade na que se tratou de poñer de manifesto a desigualdade no ámbito laboral. Pretendeuse traballar cos distintos conceptos que no ámbito laboral son o reflexo da desigualdade. Describir, consultar estatísticas e valorar a fenda  salarial,  a conciliación da vida persoal e laboral,  o teito de cristal e dar a coñecer a existencia dos plans de igualdade das empresas e consultar algún exemplo. Os resultados trataron de representarse nun vídeo, no que se tomou como referencia o programa “El jefe infiltrado”.

Departamento de Lingua Castelá

A nosa compañeira Lucía realizou unha actividade moi creativa co grupo de 1º de FPB, no módulo: Comunicación e Sociedade I. Estivo relacionada coa conmemoración do día contra a violencia de xénero e consistiu en poñer en marcha un proxecto que se titulou «Imaxes e palabras contra a violencia».

Fixeron un gran traballo!! Mirade o resultado!!

Outra das actividades que se levou a cabo, esta vez con 1º BACH, está relacionada coa literatura clásica castelá. O obxectivo era que á vez que analizaban as grandes obras da literatura española, o alumnado reflexionara sobre a visión da muller que presentan e o seu tratamento nelas.

Os fragmentos analizados foron:

  • El cantar de Mio Cid: A violación das fillas do Cid por parte dos infantes de Carrión.
  • Milagros de Nuestra Señora de Gonzalo de Berceo. “La abadesa preñada”.
  • Libro de Buen amor de Arcipreste de Hita.

Departamento de Xeografía e Historia

As profes de Xeografía e Historia, María e Montse, levaron a cabo un proxecto que abarcaba tódolos curso da ESO e Bacharelato. As actividades consistiron en realizar un eixo cronolóxico no cal aparecían representadas figuras femininas importantes en cada etapa histórica tratada en cada un dos cursos educativos, agás en 1º da ESO, cuxa actividade consistiu en realizar unha investigación por parte do alumnado na cal se buscase información sobre arqueólogas.

A través dos eixos cronolóxicos titulados “A historia tamén foi cousa de mulleres” e «A Historia da Muller en Galicia» obxectivo xeral era conseguir visibilizar o papel histórico feminino ó longo dos diferentes períodos estudiados na materia.

Ven a Espiñeria e percorre os corredores, por que…

«A historia tamén foi cousa de mulleres» …

Para que non perdades detalle do traballo do alumnado de 1º BACH, aquí vos deixamos a imaxes que eles mesmos elaboraron. Estupendo traballo!!!!

«Marcha do pan» das mulleres do mercado parisiense (Marcha sobre Versalles) (1789)
Olympe de Gouges e a súa Declaración dos Dereitos da muller e da Cidadá (1791)
Pauline León e a Sociedade de Mulleres Republicanas Revolucionarias (1793)

Francisca Zubiaga e Bernales, a primeira muller política do Perú, desafiando ás autoridades (1803)
A Liberdade guiando ao pobo (Delacroix) 1830
A comida dos segadores (Millet) 1850-1853
Ynes Mexia (1870-1938), botánica  mexicano-estadounidense
A Batalla das Traballadoras en todo o mundo. Cartel conmemorativo da URSS do Día Internacional da muller, 8 marzo de 1932

A Historia da Muller en Galicia non podía esquecerse. O alumnado de 2º BACH realizou este marabilloso traballo. Parabéns!!!

Visita a liña do tempo virtual…

https://www.timetoast.com/timelines/2158211

Pero se o prefires, continúa polos corredores de Espiñeira…

Representación de poboado castrexo.

E o alumnado de 1º ESO quixo lembrarnos a importancia do papel das mulleres na arqueoloxía.

Continuamos no próximo curso...